novembro 29, 2015

A IGUALDADE TAMÉN CONTA

Baixo este lema "A igualdade tamén conta" traballamos durante esta semana o tema da igualdade.
Comezamos elaborando lazos conmemorativos en recordo das vítimas da violencia de xénero. Os nenos e nenas de 6º de primaria comprometéronse a facer un taboleiro denuncia no que irán colgando noticias relacionadas coa igualdade/desigualdade de xéneros .
Os nenos e nenas do primeiro ciclo tiveron unha sesión de contacontos baseada no libro "Airiña bailarina".
E os peque do cole viaxaron ata Narón para ver a obra de teatro "O País dos Mandóns"
E para rematar unha lectura compartida :     " Elmer " o noso elefante favorito.




No expositor móbil estarán , entre outros , estes libros...Atento que pronto entrarán na túa aula para disfrutar deles de novo.

novembro 27, 2015

ADIÓS A NEIRA VILAS



HOXE TODOS OS XORNAIS RECOLLEN A TRISTE NOTICIA DA MORTE DUN DOS MÁIS GRANDES DA NOSA LITERATURA , XOSÉ NEIRA VILAS.
Durante as vindeiras semanas realizaremos diversas actividades para recordalo.


El Faro de Vigo
EL País
La Voz de Galicia

novembro 24, 2015

TEATRO : "JIM E A ILLA DO TESOURO"

Pois si, aquí temos a sorpresa ...Imos ó teatro a disfrutar desta fantástica obra e esta é a súa carta de presentación que a compañía fai dela:
"Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.
Música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios, cancións corsarias, un tesouro agochado, unha illa remota e unha busca chea de aventuras. Jim e a Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da peza de Stevenson o maior clásico das novelas de aventuras e unha fonte de inspiración para posteriores filmes, obras de teatro, bandas deseñadas e novelas de temática pirata.
Sinopse
O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna."


novembro 18, 2015

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Martina foi a encargada este ano de contarnos unha antiga lenda celta que estaba agochada trala porta da súa clase de 6º de primaria.
Unha antiga lenda sobre a celebración do Samaín coa que pasamos un pouco de tensión e como non....de MEDO.
Parabéns para Martina!!!!!

novembro 15, 2015

A ILLA DO TESOURO

A Illa do Tesouro  un clásico da literatura infantil volve ás nosas aulas nunhas sesións de lecturas compartidas .
Disfrutade moito con este libro de piratas, tesouros, mapas misteriosos...
e.....pronto teremos unha gran sorpresa relacionada con este libro.

novembro 06, 2015

CORRE, CORRE CABACIÑA

Os nenos e nenas de 6º de primaria prepararon para todo o colexio unha adaptación do libro "Corre , corre cabaciña" en sombras chinesas.
O resto do alumnado prepararon a canción baseada neste libro para participar tamén na representación.
Parabéns para todos/as!!!!!

novembro 03, 2015

ARRIBA O TELÓN

"La ramita de Hierbabuena" conta as peripecias que ten que pasar Asterio para conseguir " una ramita de hierbabuena" que a  súa nai precisa para facer un sabroso guiso. Deberá resolver enigmas, superar probas e andar por camiños e lugares descoñecidos.
Pois esta é a pequena reseña da obra de teatro que veremos esta semana no Teatro de Narón.
Disfrutade moito e....Xa nos contaredes !!!!

outubro 30, 2015

NOVEMBRO...MES DAS CABAZAS!!!!!!

Esqueletos,monstros,morcegos...así apareceron decoradas todas as portas das aulas....
.....Que se agachará tras elas?


Ademais das portas así atopamos a entrada do cole......

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois de por en marcha as bolsas viaxeiras , agora tócalle o turno ás mochilas. Libros e diversos materiais para compartir toda a familia.
Todas as mochilas levan  ademais un caderno de avaliación para coñecer a vosa opinión sobre o seu contido e así saber se é do voso agrado.

outubro 26, 2015

QUE É UNHA VELUTINA?

Avispeiro de Velutina
Durante a semana pasada  os rapaces e rapazas do terceiro ciclo de primaria estivemos investigando sobre as velutinas, avispas asiáticas ou avispas asasinas.Elaboramos unha serie de preguntas sobre este insecto para facerllelas ós apicultores da Casa do mel de Goente que visitaron o venres o noso cole.
Construimos as trampas
Escoitamos ós apicultores, aprendimos a distinguir esta especie de avispas doutras, os seus costumes...
Vimos de cerca un dos seus impresionantes avispeiros e para rematar construimos unhas trampas con botellas de plástico e saimos a colocalas polas  árbores dos arredores.
La Voz de Galicia na edición do sábado recolle unha reportaxe sobre esta actividade.

Ademais se queres saber máis cousas podes visitar estoutras páxinas
La Voz de Galicia

Apicultores de Navarra
Blog da Casa do Mel de Goente