febreiro 07, 2020
xaneiro 31, 2020
Contacontos na biblio polo día da paz.
Para conmemorar o Dia da Paz tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca.
Unha sesión moi especial con música de violín en directo , nun ambiente moi íntimo arredor do Kamishibai e un fermosísimo conto , " Cores que se aman".
Grazas Rebeca, Noemí , Carlota e Naiara polo voso tempo e parabéns!!!

xaneiro 29, 2020
POEMAS COMPARTIDOS NO DÍA DA PAZ
LEMBRANZAS PARA ALÍ SMAÍN
Choven balas
seres berran
arden vilas
queiman leiras
caen nenos
chora a terra
xeme o pobo
pingas negras
cicatrices
dor vermella
destrución
chuvia cega
berros tristes
dor marela
choven balas
e miseria
noite fría
tristes guerras
nace o medo
chora a terra.
Antonio García Teijeiro
xaneiro 28, 2020
decembro 21, 2019
EXPOSICIÓN DE ARTE DE EDUCACIÓN INFANTIL
decembro 20, 2019
CONTACONTOS NA BIBLIO : ASOCIACIÓN APELÓN
![]() |
| A QUE SABE A LÚA? |
Só querían probar una anco pequeno.Polas noites, miraban ansiosos para o ceo (...)
![]() |
| A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES |
sementes, raíces e brotes que as bonobas recollían para eles" (...)
![]() |
(...) Winnie the Witch looked out of her window and shivered. Heer garden was covered in snow" (...)
Pois sí, un curso máis tivemos a gran sorte de que a Asociación Apelón estivera na nosa biblioteca . Escoitamos o conto A que sabe a Lúa? que nos contou Aida , a nai de Xoel; Juan , o avó de Carlota e Adriana, contounos a historia dos Bonobos e Victoria presentounos unha nova aventura de Winnie the Witch.
Moitísimas grazas aos tres e a todos e todas as persoas da Asociación que fan posible que se leven a cabo estas iniciativas.
decembro 16, 2019
decembro 15, 2019
decembro 11, 2019
CHARLAS NA BIBLIO : PLAN PROXECTA
Como ben sabedes, este ano no noso colexio estamos a participar no “Plan Proxecta:
Recíclate con Sogama”. Por iso, dentro deste programa tivemos unha xornada de formación para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria aquí na biblioteca.
Nesta sesión, Julia, recordounos cousas que xa coñeciamos e ensinounos outras que nos
sorprenderon moito. Por exemplo, que xa non falamos do 3R senón de 5R: Reducir, Reparar, Recuperar, Reutilizar e Reciclar, aínda que xa se está a falar de máis como o Recuperarenerxicamente a parte non reciclable.
Tamén nos resolveu moitas dúbidas que tiñamos con respecto ao que podemos tirar ou non no noso composteiro e nos diferentes contedores do lixo. E que pasa despois de que veña o camión a baleirar os contedores.
Por último, e non menos importante, aprendemos que hai moitos máis contedores dos que estamos acostumados a ver na rúa, temos o minicontedor das pilas (como o que hai no cole),o punto SIGRE (atopámolo nas farmacias), os puntos limpos...
FOI MOI INTERESANTE!!
Se queredes ter máis información podedes entrar en
http://www.sogama.gal/es/info/reciclate-con-sogama

decembro 06, 2019
CHARLA NA BIBLIO.DÍA DA DISCAPACIDADE
Onte na biblio conmemoramos o Día da Discapacidade, aproveitando a ocasión para tratar o tema da diversidade dunha maneira máis ampla.
Para isto, o Departamento de Orientación preparounos una charla cun obxectivo moi claro" visibilizar, concienciar, facer pensar e comezar unha serie de accións encamiñadas a aportar unha visión máis ampla do que é a discapacidade, necesidades educativas, empatía , respecto e comprensión"
A partir do visionados de diversos videos e contos buscabase a implicación e
participación dos nenos e nenas , creando roldas de pregundas,pequenos debates e charlas.
Para isto, o Departamento de Orientación preparounos una charla cun obxectivo moi claro" visibilizar, concienciar, facer pensar e comezar unha serie de accións encamiñadas a aportar unha visión máis ampla do que é a discapacidade, necesidades educativas, empatía , respecto e comprensión"
A partir do visionados de diversos videos e contos buscabase a implicación e participación dos nenos e nenas , creando roldas de pregundas,pequenos debates e charlas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)