mayo 14, 2020

SOFÁ E MANTA. A FLOR DE GALICIA, A CHORIMA



Non podía faltar dentro das plantas galegas a máis famosa:

     O TOXO









En  galego toxo,  toixo,  árgoma,  touxo,  toxo  bravo,  toxo albar árgoma,   cachal tox branco,   tox macho toxo arnelo tox arnio toxo   cachas,   tox cachudo   o toxo común. etc


É un arbusto común á Europa atlántica desde Gran Bretaña ata o sur de Portugal. Está considerado a planta nacional da Bretaña Francesa e quizais tamén a nosa, xa que lle damos unha importancia singular e a consideramos un símbolo.

A importancia do toxo nas casas dos galegos ata non hai tanto vén xustificada pola súa funcionalidade. O toxo servía como alimento para o gando, para estrar as cortes, como combustible para a lareira e para roxar o forno para cocer. A flor do toxo, a chorima, ten unha intensa cor amarela que pon a nota cromática nos montes, practicamente todo o ano, porque as distintas especies de toxos non florean ao mesmo tempo.
Arde moi doadamente, pero medra moi pronto despois dun incendio, polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes poden xerminar mesmo se se viron algo afectadas polo lume. O seu uso tradicional é como estrume para as cortes, aínda que a finais do século XX coñeceuse unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para a súa utilización como biomasa.


A FLOR DE GALICIA : A CHORIMA




O toxo: bon ou malvado?. Pois depende...
Aínda que na nosa terra é un símbolo, noutras zonas onde foi trasladada compórtase como unha especie exótica invasora, e que isto?:

Pois as especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión onde resultan daniños, poñendo en en perigo a diversidade biolóxica (dos seres vivos) desa zona.
O toxo, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo da IUCN (Unión Internacional da Conservación da Natureza).

No hay comentarios:

Publicar un comentario