Un día de nadal, ollando unha paisaxe que imitaba un nacemento, decateime de que hai máis fermosura nas froliñas dos campos que nas froles de xardín. As froliñas ventureiras que nacen nos campos parecen creadas polo Bosco ou por Breughel “o vello”, nametras que as flores foulentas de xardín semellan os encoiros manteigosos de Rubéns. Dende entón eu quixen ser un ventureiro das letras.
Cousas. Castelao.
Nós
como Castelao, queremos comezar hoxe un pequeno percorrido polas floriñas do
campo, esas que alegran os nosos paseos todas as primavera, e aínda que
quedamos sempre engaioladas coa súa beleza, non reparamos en todas as cousas
que nos contan.
Non imos percorrer un camiño extenso,
nin profundo,
pero se serve para compartir o noso, aprender algunha cousiña, e prender o lume
da curiosidade,
dámonos por satisfeitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario