A flor dos mil nomes
O nome de Digitalis purpurea debe á forma e cor das flores. O nome xenérico de Digitalis proven da palabra latina digitus, que significa dedo, e purpúrea, que significa lila ou purpúreo.
Unha planta
saudable que se converteu en velenosa.
Moitos dos
medicamentos actuais, son obtidos grazas a plantas e dende tempos remotos.
Nalgúns casos, os seus usos perduran dende a primeira descrición, pero noutros,
o coñecemento evoluciona e o que era unha planta considerada “saudable”, pasou
a converterse en planta velenosa. Este é o caso da nosa dedaleira.
Os estalotes son unha planta que tradicionalmente veuse empregando como
medicación contra deficiencias cardíacas
dende o século XVIII, cando William Withering descubriu os efectos da Digitalis
sobre o organismo, onde xa se tiñan en conta análises clínicas e se observaban e
describían os efectos así como a súa posible toxicidade, aínda que non foi ate
1850 cando Traube, describiu os efectos sobre o músculo cardíaco observando que
pequenas doses estimulaban o corazón, aínda que
cando se excedía na dose, podía provocar a paralización do músculo
A toma das
follas de xeito ocasional era indicado para a regulación do pulso, ou o
tratamento da epilepsia e incluso as infusións de follas estaban indicadas
contra os resfriados, de xeito que se soia recomendar como “saudable” para o
organismo e o doente.
Da aceptación ao rexeitamento.
Non foi ate
hai unhas cantas décadas, cando este uso tradicional na medicina se comezou a
rexeitar, ate que actualmente soe considerarse como planta velenosa polos
efectos sobre o organismo humano.
A mediados do
século pasado, xa se alertaba dos perigos do emprego e dita planta e conforme
as primeiras alertas ían chegando á comunidade médica, comezáronse a facer
análise para comprobar que había de certo.
Os estudios
revelaron que dependendo da hora do día e incluso da terra onde nacese, unhas
tres follas eran suficientes para ser mortais, de aí que estean amplamente
documentados casos de envelenamentos producidos pola planta e tanto en
televisión como en literatura foi unha planta con certo recoñecemento para o
crime.
Más información
No hay comentarios:
Publicar un comentario