mayo 03, 2020

SOFÁ E MANTA . OS MAIOS


OS MAIOS    
Tastarabás. Enciclopedia dos brinquedos tradicionais. Antón Cortizas.



  DESCRICIÓN
A construción dos Maios é unha vivencia lúdica que se celebra co gallo da floración luxuriosa da primavera. Ao longo do país constrúense diferentes tipos de Maios, entre os que citamos:
Maio humano. Unha persoa é cuberta totalmente con ramalleira de xestas e flores silvestres de todo tipo.
Maio cónico ou piramidal. Constrúese unha sorte de cono ou pirámide florida, que se circunda con rosarios feitos de carrabouxos, laranxas ou ovos. Nalgúns lugares, no seu interior vai un neno que fai de Maio.
Maio arbóreo: Outras veces o Maio é unha árbore que se tala do monte e lévase ao lugar máis céntrico da parroquia ou lugar.
Maios de altar. Os Maios son tamén unha sorte de altares floridos situados sobre unha caixa ou unha mesa, cuberta cunha saba ou mantel. Sobre ela ármase calquera ornamentación floral, combinando flores, cores e tamaños. Úsanse para estes Maios elementos auxiliares como poden ser xarros para colocar neles as flores.
Pratos do maio. Os maios máis sinxelos fanse cun pratiño pequeno, de louza, no que se coloca unha imaxe, quer tradicionalmente era unha estampa, e sobre ela unhas poliñas de fiúncho e algunhas flores miúdas. Con este prato os cativos piden o Maio polas casas da veciñanza.
Maios artísticos: Modernamente realízanse Maios máis complicados, dándolles formas variadas, que poden atinxir mesmo verdadeiras escenificacións floridas.
Maios protectores. Aínda hai Maios, que sen case chegaren a selo, son sinxelas pólas floridas de xestas e outras especies que se colgan das portas e xanelas como elemento protector.





No hay comentarios:

Publicar un comentario