marzo 06, 2020

MULLERES GAÑADORAS

O pasado mes de febreiro, as rapazas de 2º de Educación Primaria, no marco da materia “Valores sociais e cívicos” presentaron a súa obra “Mulleres gañadoras” como produto final dun proxecto cooperativista para traballar a igualdade no deporte. O mundo do deporte é un dos eidos onde máis se pon de manifesto a falta de igualdade entre homes e mulleres. A finalidade deste proxecto foi, dun lado, visibilizar ás mulleres deportistas e, por outro, aprender a traballar de xeito cooperativo, formando un único equipo durante todo o proceso de preparación, que pasamos a resumir agora.
Logo da lectura conxunta do libro, cada rapaza escolleu unha das protagonistas do mesmo. Resumida a súa historia, memorizamos un texto sobre cada unha delas, antes de traballar na posta en escena. Quixemos darlle especial énfase a este aspecto, para lograr maior impacto nos nosos espectadores.
Cada rapaza vestiríase caracterizada da súa personaxe. Para conseguir os disfraces, empregamos material do colexio pero tamén da propia casa, e compre salientar que unhas prestaron a outras o  que non tiñan.
A secuencia da obra era a seguinte: María, a mestra de Educación Física, está na súa casa lendo o libro das mulleres deportistas. Cada vez que pasa a páxina e cae nunha nova personaxe, a rapaza en cuestión aparece desde detrás do público, para causar efecto sorpresa. Logo de situarse diante dos espectadores, interpreta individualmente o seu papel: preséntase como a súa personaxe e fai un resumo dos seus logros.
Tivemos a sorte de contar con música en directo, grazas a colaboración de Paula, a mestra de música, e o alumnado de 6º de Primaria. Cada vez que entraba unha personaxe, soaba unha peza de música acorde o seu país de procedencia ou a súa actividade.
Só cabe felicitar as rapazas de 2º pola súa marabillosa actuación, e, por riba de todo, polo seu magnífico traballo durante todo o mes de preparación. Parabéns equipo!!!


febreiro 07, 2020

xaneiro 31, 2020

Contacontos na biblio polo día da paz.

Para conmemorar o Dia da Paz tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca.
Unha sesión moi especial con música de violín en directo , nun ambiente moi íntimo arredor do Kamishibai e un fermosísimo conto , " Cores que se aman".

Grazas  Rebeca, Noemí , Carlota e Naiara polo voso tempo e parabéns!!!

xaneiro 29, 2020

POEMAS COMPARTIDOS NO DÍA DA PAZ




LEMBRANZAS PARA ALÍ SMAÍN

Choven balas
seres berran
arden vilas
queiman leiras
caen nenos
chora a terra
xeme o pobo
pingas negras
cicatrices
dor vermella
destrución
chuvia cega
berros tristes
dor marela
choven balas
e miseria
noite fría
tristes guerras
nace o medo
chora a terra.

Antonio García Teijeiro

xaneiro 28, 2020

Coñecedes este cadro?


Queredes coñecer moitísimas cousas máis? Pois estade moi atentas e atentos ao seguinte vídeo :


decembro 21, 2019

EXPOSICIÓN DE ARTE DE EDUCACIÓN INFANTIL


Durante este primeiro trimestre unha seleción de libros relacionados coas artes plásticas viaxaron da biblio ao  ambiente de arte de Ed.Infantil.
Todos estes libros axudaron a todos os nenos e nenas a inspirarse para ...
Queredes ver para que lles serviron?
Pois ...dentro video!!!










decembro 20, 2019

CONTACONTOS NA BIBLIO : ASOCIACIÓN APELÓN


A QUE SABE A LÚA?
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?
Só querían probar una anco pequeno.Polas noites, miraban ansiosos para o ceo (...)




A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
(...) Os bonobos que quedaron continuaron lerianso e comendo froitas e bagas, noces e
sementes,  raíces e brotes que as bonobas recollían para eles" (...)





(...) Winnie the Witch looked out of her window and shivered. Heer garden was covered in snow" (...)



Pois sí, un curso máis tivemos a gran sorte de que a Asociación Apelón estivera na nosa biblioteca . Escoitamos o conto A que sabe a Lúa? que nos contou Aida , a nai de Xoel; Juan , o avó de Carlota e Adriana, contounos  a historia dos Bonobos e Victoria presentounos unha nova aventura de Winnie the Witch.
Moitísimas grazas aos tres e a todos e todas as persoas da Asociación que fan posible que se leven a cabo estas iniciativas.

decembro 16, 2019

decembro 15, 2019

decembro 11, 2019

CHARLAS NA BIBLIO : PLAN PROXECTA

Como ben sabedes, este ano no noso colexio estamos a participar no “Plan Proxecta:
Recíclate con Sogama”. Por iso, dentro deste programa tivemos unha xornada de formación para o alumnado de 5º  e 6º de Ed. Primaria aquí na biblioteca.
Nesta sesión, Julia, recordounos cousas que xa coñeciamos e ensinounos outras que nos
sorprenderon moito. Por exemplo, que xa non falamos do 3R senón de 5R: Reducir, Reparar, Recuperar, Reutilizar e Reciclar, aínda que xa se está a falar de máis como o Recuperarenerxicamente a parte non reciclable.
Tamén nos resolveu moitas dúbidas que tiñamos con respecto ao que podemos tirar ou non no noso composteiro e nos diferentes contedores do lixo. E que pasa despois de que veña o camión a baleirar os contedores.
Por último, e non menos importante, aprendemos que hai moitos máis contedores dos que estamos acostumados a ver na rúa, temos o minicontedor das pilas (como o que hai no cole),o punto SIGRE (atopámolo nas farmacias), os puntos limpos...
FOI MOI INTERESANTE!!
 Se queredes ter máis información podedes entrar en
http://www.sogama.gal/es/info/reciclate-con-sogama