PROPOSTA : DESFRUTA CON ESTES VIDEOS QUE XA COÑECES DO COLE
marzo 31, 2020
SOFÁ E MANTA. FÁBRICA DE LUZ 1
PROPOSTA : DESFRUTA CON ESTES VIDEOS QUE XA COÑECES DO COLE
marzo 30, 2020
SOFÁ E MANTA . COCIÑA CON REBECA
Que imos comer mañá?
A eterna pregunta que todas e todos nos facemos .Pois a comida de mañá xa está solucionada.
Presta moita atención ao vídeo que nos enviou Rebeca, segue as instrucións e....
BO PROVEITO
Grazas Rebeca .
Esperamos as vosas receitas en video ou en papel .
Animádevos.
O venres máis.
A eterna pregunta que todas e todos nos facemos .Pois a comida de mañá xa está solucionada.
Presta moita atención ao vídeo que nos enviou Rebeca, segue as instrucións e....
BO PROVEITO
Esperamos as vosas receitas en video ou en papel .
Animádevos.
O venres máis.
SOFÁ E MANTA. MÚSICA COMPARTIDA 1
Esta semana o SOFÁ E MANTA vai ser moi musical.
Esta semana imos propoñervos...
escoitar para cociñar
ou
cociñar e escoitar.
Esta é a súa proposta musical para cociñar :
PROPOSTA : COCIÑAR PARA COMPARTIR
Queredes compartir as vosas receitas con nós?
MARTINA M. de 1º de Ed. Primaria xa nos mandou a súa .
Mandádeas ao correo da biblio : bibliounionmugardesa@gmail.com, e o venres disfrutaremos de todas para poder practicar na casa.
Esta semana imos propoñervos...
escoitar para cociñar
ou
cociñar e escoitar.
A nosa primeira proposta e dun grupo de música infantil galego que coñeceredes todos e todas vós , chámase
MAMÁ CABRA.
PROPOSTA : COCIÑAR PARA COMPARTIR
Queredes compartir as vosas receitas con nós?
MARTINA M. de 1º de Ed. Primaria xa nos mandou a súa .
marzo 29, 2020
SOFÁ E MANTA . DEBUXA A UNHA PROFE
marzo 27, 2020
SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS 5
Hoxe o noso espazo de Lecturas Compartidas é moi especial.
Hoxe temos todas as vosas creacións que ao longo da semana fúchedes enviando ao correo da biblio ou aos comentarios do blog.
Pois imos disfrutar deste momento!!!!!!
Ás plantas que coida a nena,
Cuqui
Hoxe temos todas as vosas creacións que ao longo da semana fúchedes enviando ao correo da biblio ou aos comentarios do blog.
Pois imos disfrutar deste momento!!!!!!
ANA P. |
![]() |
REBECA REQUEJO 4ºE,P, |
VALENTE
EMPONDERADA
NECESARIA E
UTIL
ASÍ É A SABEDORÍA
EMPONDERADA
NECESARIA E
UTIL
ASÍ É A SABEDORÍA
Pili
SEMPRE
ARREDOR
TODOS
UNIDOS
RESISTIREMOS
NESTA
ORBITA
Mónica
![]() |
CANDELA 2º E.P. |
Buscan un fogar por entre as fragas e montes,
montes, camiños e leiras.
Ole a calor
o sol enche de alegría
ESTOU.
Cuqui
![]() |
Rebeca Requejo 4º E.P. |
Ás plantas que coida a nena,
lánzanse na procura de novos horizontes.
Tódalas plantas buscan un fogar por entre as fragas e montes.
Chega a luz e o caloriño,
nace unha flor.
Coa luz renacen as flores ,
ole a calor.
Bea
Cuqui
marzo 26, 2020
SOFÁ E MANTA . LECTURAS COMPARTIDAS 4
Atención, atención!!!!
Hoxe temos Karaoke.
Todos e todas preparados e preparadas.
Afinade as vosas gorxas e ....3, 2, 1
comezamos!!!!!
OBRADOIRO DE DEBUXO
Leandro debuxou así a Dona Caterina,
serías quen de facelo ti?
ou
prefires debuxar a unha profe do cole ?
Esperamos os teus debuxos no correo da biblio : bibliounionmugardesa@gmail.com
marzo 25, 2020
SOFÁ E MANTA . LECTURAS COMPARTIDAS 3
![]() |
25 de abril de 1927 24 de marzo de 2020 |
Queres coñecer aos personaxes principais que acompañan a Astérix na súas aventuras? Pois segue lendo ...

Astérix: é un dos protagonistas principais, caracterízase pola súa astucia e a súa baixa estatura. É o mellor amigo de Obélix e adquire unha forza sobrehumana ao inxerir a poción máxica.
Obélix: é repartidor de menhires e caracterízase por non necesitar a poción máxica debido a que caeu na marmita sendo un neno. Sempre vai acompañado do seu can Idefix.
Panorámix: o sabio e respectado druída da aldea gala, é o que prepara a poción que confire forza sobrehumana aos galos.
Abraracúrcix: é o xefe da aldea que adoita ser transportado sobre un escudo.
Asurancetúrix: o bardo da aldea, soada pola súa estridente forma de cantar. Tanto é así que é frecuentemente amordazado para que non cante.
Falbala: é unha gala que volve á aldea tras estar estudando en Condate. Obelix namórase dela.
Xulio César: principal antagonista, é o famoso xeneral romano aínda que representado cun toque humorístico.
OBRADOIRO DE ESCRITURA . ADIVIÑAS
Pois a proposta de hoxe e que inventes unha adiviña sobre un destes personaxes dos libros de Astérix.
Escríbeo nunha folla e mándao ao correo : bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.
marzo 24, 2020
SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS 2
Ábrese un gromo
nace unha flor
a primavera
ole a calor.
Tódalas plantas
falan
de amor.
Primaveiriña,
que ledo
estou!!
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Por terra, mar e aire as sementiñas
viaxeiras
lánzanse na procura de novos
horizontes.
Buscan un fogar por entre as fragas
e montes,
búscano avanzando ben dispostas e
lixeiras.
YOLANDA CASTAÑO
Baixou o sol raioleiro,
foise pousando nas tellas,
chega a luz e o caloriño
ás plantas que coida a nena,
porque do traballo sae
toda esta linda beleza.
Coa luz renacen as flores
e hai vida e amor na terra,
o sol enche de alegría
montes, camiños e leiras.
NEIRA VILAS
OBRADOIRO DE ESCRITURA .PROPOSTA: Facer un centón
E preguntarédevos que é un centón , pois un centón según a RAG é "unha obra literaria ou musical constituída por fragmentos de distintos autores ou por distintos fragmentos dun mesmo autor"; ou dunha autora por suposto.
Pois entón mans á obra .Volve ler os tres poemas , selecciona os versos que máis che gusten dos tres poemas, ordeaos do xeito que ti queiras e xa estará feito o teu centón.
Escríbeo nunha folla e mándao ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.
marzo 22, 2020
SOFÁ E MANTA .LECTURAS COMPARTIDAS 1
Un poema para ler, recitar, rapear, cantar, palmear...
disfrutar e compartir
disfrutar e compartir
UN VERSO PARA CANTAR
![]() |
PEPE CÁCCAMO |
A CANCIÓN DO UNIVERSO.
UN POEMA
PARA SOÑAR CO SISTEMA SOLAR.
SAÍRON OS PLANETAS
DUNHA MALETA?
NON. QUE NON.
ELES SON
ANACOS DE EXPLOSIÓN
DUNHA NEBULOSA ROSA.
OBRADOIRO DE ESCRITURA .PROPOSTA: Facer un acróstico
Lembra que un acróstico é unha composición na que as letras iniciais, medias ou finais dos versos, lidas en sentido vertical forman unha palabra ou unha frase.Por exemplo:
Fermosas Perfecta
Lilas Obra
Orquídeas e Escrita
Rosas Solitaria
Ideal
Alegre
E agora serías quen de facer un acróstico co nome dun PLANETA?
Queres compartilo con todos nós? Envíao ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.
Esperamos os teus acrósticos para publicar no blog.
5 motivos para ler POESÍA
Cinco motivos para ler poesía
![]() |
FRAN ALONSO |
1.- A POESÍA É UNHA BARRICADA DE PALABRAS REBELDES que ilumina o camiño da vida e deita luz sobre o mundo. A poesía non morde, non manca e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
2.- A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, DISCREPAR, BERRAR, RECITAR, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar e aguiza o pensamento. Serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
3 .-OS POEMAS SON COMO CAIXAS DE FERRAMENTAS, VALEN PARA TODO: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. A poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, os enfados, a ansiedade e as gripes.
4.- A POESÍA PODE ESTAR NAS COUSAS QUE NOS RODEAN A DIARIO, nas letras das cancións, no graffiti da parede do barrio, na soidade, no supermercado, nun sorriso inesperado, na moto, nas causas xustas, no váter, na esperanza, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
5.- O IMPORTANTE DA POESÍA NON É OBSESIONARSE CON DESCIFRALA senón saber sentila, gozala e intuíla. Na poesía reconforta sentir a forza das súas palabras, o seu ritmo, a súa musica, a súa sonoridade, as chiscadelas que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
Fran Alonso
marzo 06, 2020
MULLERES GAÑADORAS
O pasado
mes de febreiro, as rapazas de 2º de Educación Primaria, no marco da materia
“Valores sociais e cívicos” presentaron a súa obra “Mulleres gañadoras” como
produto final dun proxecto cooperativista para traballar a igualdade no
deporte. O mundo do deporte é un dos eidos onde máis se pon de manifesto a
falta de igualdade entre homes e mulleres. A finalidade deste proxecto foi, dun
lado, visibilizar ás mulleres deportistas e, por outro, aprender a traballar de
xeito cooperativo, formando un único equipo durante todo o proceso de
preparación, que pasamos a resumir agora.
Logo da
lectura conxunta do libro, cada rapaza escolleu unha das protagonistas do
mesmo. Resumida a súa historia, memorizamos un texto sobre cada unha delas,
antes de traballar na posta en escena. Quixemos darlle especial énfase a este
aspecto, para lograr maior impacto nos nosos espectadores.
Cada
rapaza vestiríase caracterizada da súa personaxe. Para conseguir os disfraces,
empregamos material do colexio pero tamén da propia casa, e compre salientar
que unhas prestaron a outras o que non tiñan.
A
secuencia da obra era a seguinte: María, a mestra de Educación Física, está na
súa casa lendo o libro das mulleres deportistas. Cada vez que pasa a páxina e
cae nunha nova personaxe, a rapaza en cuestión aparece desde detrás do público,
para causar efecto sorpresa. Logo de situarse diante dos espectadores,
interpreta individualmente o seu papel: preséntase como a súa personaxe e fai
un resumo dos seus logros.
Tivemos a
sorte de contar con música en directo, grazas a colaboración de Paula, a mestra
de música, e o alumnado de 6º de Primaria. Cada vez que entraba unha personaxe,
soaba unha peza de música acorde o seu país de procedencia ou a súa actividade.
Só cabe
felicitar as rapazas de 2º pola súa marabillosa actuación, e, por riba de todo,
polo seu magnífico traballo durante todo o mes de preparación. Parabéns
equipo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)