Ábrese un gromo
nace unha flor
a primavera
ole a calor.
Tódalas plantas
falan
de amor.
Primaveiriña,
que ledo
estou!!
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Por terra, mar e aire as sementiñas
viaxeiras
lánzanse na procura de novos
horizontes.
Buscan un fogar por entre as fragas
e montes,
búscano avanzando ben dispostas e
lixeiras.
YOLANDA CASTAÑO
Baixou o sol raioleiro,
foise pousando nas tellas,
chega a luz e o caloriño
ás plantas que coida a nena,
porque do traballo sae
toda esta linda beleza.
Coa luz renacen as flores
e hai vida e amor na terra,
o sol enche de alegría
montes, camiños e leiras.
NEIRA VILAS
OBRADOIRO DE ESCRITURA .PROPOSTA: Facer un centón
E preguntarédevos que é un centón , pois un centón según a RAG é "unha obra literaria ou musical constituída por fragmentos de distintos autores ou por distintos fragmentos dun mesmo autor"; ou dunha autora por suposto.
Pois entón mans á obra .Volve ler os tres poemas , selecciona os versos que máis che gusten dos tres poemas, ordeaos do xeito que ti queiras e xa estará feito o teu centón.
Escríbeo nunha folla e mándao ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario