mayo 29, 2020
mayo 26, 2020
SOFÁ E MANTA. ENREDOS DE PRIMAVERA
Seguimos xogando a facer teatro!!!!
Hoxe temos unha obra moi especial ; unha obra musical na que os personaxes falan a través dos seus movementos .
Atentos e atentas a ver que nos contan!!!!!
Hoxe temos unha obra moi especial ; unha obra musical na que os personaxes falan a través dos seus movementos .
Atentos e atentas a ver que nos contan!!!!!
mayo 22, 2020
mayo 21, 2020
mayo 20, 2020
SOFÁ E MANTA. TEATRO DE MONICREQUES CON LOIS
Hoxe a compañía de monicreques Cururucho, formada por Lois e a súa familia, vannos representar a obra "Os tres porcos "
Se entre toda a nosa Comunidade Educativa temos algunha outra compañía teatral que nos queira enviar as súas producións estariamos encantadas de publicalas.
Moitísimas grazas a Cucurucho por colaborar hoxe no noso Sofá e Manta e en especial a Lois.
Se entre toda a nosa Comunidade Educativa temos algunha outra compañía teatral que nos queira enviar as súas producións estariamos encantadas de publicalas.
Moitísimas grazas a Cucurucho por colaborar hoxe no noso Sofá e Manta e en especial a Lois.
mayo 19, 2020
SOFÁ E MANTA. AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Hoxe traemos unha representación moi orixinal da obra de Carvahlo Calero As pitas baixo a choiva .
As personaxes están feitas con follas e herbas da horta e as pitas son de papel. Así de doado e divertido e representar un conto ou unha obra de teatro.
E tí, anímaste?
Vídeo de Nerea Paz
As personaxes están feitas con follas e herbas da horta e as pitas son de papel. Así de doado e divertido e representar un conto ou unha obra de teatro.
E tí, anímaste?
Vídeo de Nerea Paz
mayo 18, 2020
SOFÁ E MANTA . A FARSA DAS ZOCAS
Seguimos coa nosa homenaxe a Carvahlo Calero.
Hoxe traemos unha adaptación que fixeron da súa obra teatral "A farsa das zocas" o Obradoiro de Teatro do IES Mugardos .
Pois.... ARRIBA O TELÓN !!!
Hoxe traemos unha adaptación que fixeron da súa obra teatral "A farsa das zocas" o Obradoiro de Teatro do IES Mugardos .
Pois.... ARRIBA O TELÓN !!!
mayo 17, 2020
mayo 15, 2020
SOFÁ E MANTA . VENRES POÉTICO CON DIEGO
Hoxe no noso Sofá e Manta acompáñanos Diego.
Diego é un gran amante da poesía e encántalle sobre todo recitala.
Escoitade este poema sobre o toxo e...
... veredes que ben o fai!!!
Grazas Diego.
mayo 14, 2020
SOFÁ E MANTA. A FLOR DE GALICIA, A CHORIMA
Non podía faltar dentro das plantas galegas a máis famosa:
O TOXO
En galego: toxo, toixo, árgoma, touxo, toxo bravo, toxo
albar, árgoma, cachal, toxo branco, toxo
macho, toxo arnelo, toxo
arnio, toxo cachas, toxo
cachudo ou toxo común.
etc
É un arbusto común á Europa atlántica desde Gran Bretaña ata o sur de Portugal. Está considerado a planta nacional da Bretaña Francesa e quizais tamén a nosa, xa que lle damos unha importancia singular e a consideramos un símbolo.
A importancia do toxo
nas casas dos galegos ata non hai tanto vén xustificada pola súa
funcionalidade. O toxo servía como
alimento para o gando, para estrar as cortes, como combustible para a lareira e
para roxar o forno para cocer. A flor do toxo,
a chorima, ten unha intensa cor
amarela que pon a nota cromática nos montes, practicamente todo o ano, porque
as distintas especies de toxos non florean ao mesmo tempo.
Arde moi doadamente, pero medra moi pronto despois dun incendio,
polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes
poden xerminar mesmo se se viron algo afectadas polo lume. O seu uso
tradicional é como estrume para
as cortes,
aínda que a finais do século XX coñeceuse
unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para
a súa utilización como biomasa.
A FLOR DE GALICIA : A CHORIMA
O
toxo: bon ou malvado?. Pois depende...
Aínda que na nosa terra é un símbolo, noutras zonas onde
foi trasladada compórtase como unha especie exótica invasora, e que isto?:
Pois as especies invasoras son animais, plantas ou outros
organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa
área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na
nova rexión onde resultan daniños, poñendo en en perigo a diversidade biolóxica
(dos seres vivos) desa zona.
O toxo, está incluído na lista das 100 especies invasoras
máis daniñas do mundo da IUCN (Unión Internacional da Conservación da
Natureza).
mayo 13, 2020
mayo 12, 2020
SOFÁ E MANTA. CONTACONTOS CON JIMENA
mayo 09, 2020
SOFÁ E MANTA. LETRAS GALEGAS 2020 : APRENDE XOGANDO
CANTO SABES SOBRE AS LETRAS GALEGAS 2020?
NIVEL FÁCIL/MEDIO
NIVEL FÁCIL/MEDIO
NIVEL FÁCIL
NIVEL FÁCIL/MEDIO
NIVEL FÁCIL/MEDIO
NIVEL FÁCIL
mayo 08, 2020
SOFÁ E MANTA . A flor dos mil nomes
A flor dos mil nomes
O nome de Digitalis purpurea debe á forma e cor das flores. O nome xenérico de Digitalis proven da palabra latina digitus, que significa dedo, e purpúrea, que significa lila ou purpúreo.
Unha planta
saudable que se converteu en velenosa.
Moitos dos
medicamentos actuais, son obtidos grazas a plantas e dende tempos remotos.
Nalgúns casos, os seus usos perduran dende a primeira descrición, pero noutros,
o coñecemento evoluciona e o que era unha planta considerada “saudable”, pasou
a converterse en planta velenosa. Este é o caso da nosa dedaleira.
Os estalotes son unha planta que tradicionalmente veuse empregando como
medicación contra deficiencias cardíacas
dende o século XVIII, cando William Withering descubriu os efectos da Digitalis
sobre o organismo, onde xa se tiñan en conta análises clínicas e se observaban e
describían os efectos así como a súa posible toxicidade, aínda que non foi ate
1850 cando Traube, describiu os efectos sobre o músculo cardíaco observando que
pequenas doses estimulaban o corazón, aínda que
cando se excedía na dose, podía provocar a paralización do músculo
A toma das
follas de xeito ocasional era indicado para a regulación do pulso, ou o
tratamento da epilepsia e incluso as infusións de follas estaban indicadas
contra os resfriados, de xeito que se soia recomendar como “saudable” para o
organismo e o doente.
Da aceptación ao rexeitamento.
Non foi ate
hai unhas cantas décadas, cando este uso tradicional na medicina se comezou a
rexeitar, ate que actualmente soe considerarse como planta velenosa polos
efectos sobre o organismo humano.
A mediados do
século pasado, xa se alertaba dos perigos do emprego e dita planta e conforme
as primeiras alertas ían chegando á comunidade médica, comezáronse a facer
análise para comprobar que había de certo.
Os estudios
revelaron que dependendo da hora do día e incluso da terra onde nacese, unhas
tres follas eran suficientes para ser mortais, de aí que estean amplamente
documentados casos de envelenamentos producidos pola planta e tanto en
televisión como en literatura foi unha planta con certo recoñecemento para o
crime.
Más información
SOFÁ E MANTA . A CARÓN DA NATUREZA
Un día de nadal, ollando unha paisaxe que imitaba un nacemento, decateime de que hai máis fermosura nas froliñas dos campos que nas froles de xardín. As froliñas ventureiras que nacen nos campos parecen creadas polo Bosco ou por Breughel “o vello”, nametras que as flores foulentas de xardín semellan os encoiros manteigosos de Rubéns. Dende entón eu quixen ser un ventureiro das letras.
Cousas. Castelao.
Nós
como Castelao, queremos comezar hoxe un pequeno percorrido polas floriñas do
campo, esas que alegran os nosos paseos todas as primavera, e aínda que
quedamos sempre engaioladas coa súa beleza, non reparamos en todas as cousas
que nos contan.
Non imos percorrer un camiño extenso,
nin profundo,
pero se serve para compartir o noso, aprender algunha cousiña, e prender o lume
da curiosidade,
dámonos por satisfeitas.
mayo 07, 2020
SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS CON ALICIA
mayo 06, 2020
SOFÁ E MANTA . CONTACONTOS CON PAULA CARBALLEIRA
Hoxe compartimos con vós o videoconto " O pequeno morcego "a cargo dunha contacontos moi especial, Paula Carballeira.
Publicado no Salón do Libro na súa sección Salón virtual.
Publicado no Salón do Libro na súa sección Salón virtual.
mayo 05, 2020
SOFÁ E MANTA .CONTACONTOS CON MARTINA, ADRIANA E PAULA
mayo 04, 2020
SOFÁ E MANTA. CONTACONTOS CON LÍA E CAROLINA

Moitíiiiiiisimos bicos para elas!!!
E tí , queres contarnos un conto? Pois anímate ,estamos esperándote.
mayo 03, 2020
SOFÁ E MANTA . OS MAIOS
A construción dos
Maios é unha vivencia lúdica que se celebra co gallo da floración luxuriosa da
primavera. Ao longo do país constrúense diferentes tipos de Maios, entre os que
citamos:
Maio humano. Unha
persoa é cuberta totalmente con ramalleira de xestas e flores silvestres de
todo tipo.
Maio cónico ou
piramidal. Constrúese unha sorte de cono ou pirámide florida, que se circunda
con rosarios feitos de carrabouxos, laranxas ou ovos. Nalgúns lugares, no seu
interior vai un neno que fai de Maio.
Maio arbóreo:
Outras veces o Maio é unha árbore que se tala do monte e lévase ao lugar máis
céntrico da parroquia ou lugar.
Maios de altar.
Os Maios son tamén unha sorte de altares floridos situados sobre unha caixa ou
unha mesa, cuberta cunha saba ou mantel. Sobre ela ármase calquera
ornamentación floral, combinando flores, cores e tamaños. Úsanse para estes
Maios elementos auxiliares como poden ser xarros para colocar neles as flores.
Pratos do maio. Os maios máis sinxelos fanse cun pratiño pequeno, de
louza, no que se coloca unha imaxe, quer tradicionalmente era unha estampa, e
sobre ela unhas poliñas de fiúncho e algunhas flores miúdas. Con este prato os
cativos piden o Maio polas casas da veciñanza.
Maios artísticos:
Modernamente realízanse Maios máis complicados, dándolles formas variadas, que
poden atinxir mesmo verdadeiras escenificacións floridas.
Maios protectores. Aínda hai Maios, que sen case chegaren a selo, son
sinxelas pólas floridas de xestas e outras especies que se colgan das portas e
xanelas como elemento protector.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)