junio 30, 2009

PECHADO POR VACACIÓNS.


Como xa todos sabedes o cole, e a biblioteca con el, está de vacacións. Esperamos que pasedes todos un bo verán e recordarvos que en setembro estaremos de volta.

junio 03, 2009

TARZAN

O pasado xoves 28 de maio a face2face theatre company, representou no salón de actos do instituto para todos os nenos de Primaria do concello a obra Tarzan. Os actores foron Lisa Krosniki e Aaron Ziobrowski, coa colaboración de nenos e nenas dos colexios Unión Mugardesa, Santiago Apostolo de Franza e Loyola. Aquí tedes unhas fotiños do evento: