octubre 30, 2015

NOVEMBRO...MES DAS CABAZAS!!!!!!

Esqueletos,monstros,morcegos...así apareceron decoradas todas as portas das aulas....
.....Que se agachará tras elas?


Ademais das portas así atopamos a entrada do cole......

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois de por en marcha as bolsas viaxeiras , agora tócalle o turno ás mochilas. Libros e diversos materiais para compartir toda a familia.
Todas as mochilas levan  ademais un caderno de avaliación para coñecer a vosa opinión sobre o seu contido e así saber se é do voso agrado.

octubre 26, 2015

QUE É UNHA VELUTINA?

Avispeiro de Velutina
Durante a semana pasada  os rapaces e rapazas do terceiro ciclo de primaria estivemos investigando sobre as velutinas, avispas asiáticas ou avispas asasinas.Elaboramos unha serie de preguntas sobre este insecto para facerllelas ós apicultores da Casa do mel de Goente que visitaron o venres o noso cole.
Construimos as trampas
Escoitamos ós apicultores, aprendimos a distinguir esta especie de avispas doutras, os seus costumes...
Vimos de cerca un dos seus impresionantes avispeiros e para rematar construimos unhas trampas con botellas de plástico e saimos a colocalas polas  árbores dos arredores.
La Voz de Galicia na edición do sábado recolle unha reportaxe sobre esta actividade.

Ademais se queres saber máis cousas podes visitar estoutras páxinas
La Voz de Galicia

Apicultores de Navarra
Blog da Casa do Mel de Goente

LIBROS QUE VEÑEN E VAN

Xa temos listas as bolsas viaxeiras para o servizo de préstamos de libros para os peques de Ed. Infantil.
"Bolsas viaxeiras para libros que veñen e van"




octubre 06, 2015

Ledicia Costas é noticia

 Estamos moi, moi ledos.Enterámonos polo xornal que a nosa queridísima Ledicia Costas , que tivemos o gusto de coñecer o curso pasado, é Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil polo fantástico libro de Escarlatina.
Moitísimas felicidades de todos os nenos e nenas de Unión Mugardesa.
Máis información : La Voz de Galicia
E aquí tedes unha reportaxe de Desde Galicia para el Mundo sobre moitos aspectos do libro.

octubre 01, 2015

ESTAMOS EN OBRAS!!!!

Como xa todos e todas sabedes estamos de reformas!!! A nosa biblioteca permanecerá pechada ata o segundo trimestre pero... seguiremos funcionando .
Continuaremos co servizo de préstamo dende as aulas a través das "caixas de aula" ; os libros de consulta e divulgación estarán polos corredores da primeira planta; habilitaremos un curruncho de lectura na entrada do cole cunha pequena exposición de libros; seguiremos coas mochilas viaxeiras, os libros que veñen e van, o club de lectura, as sesións de contacontos... en fin, con moitas dificultades pero...seguiremos VIVOS!!