febrero 27, 2014

ENTROIDO 2014


Es un bo/a detective? Se queres comprobalo prema en cazatesouros e...adiante!!!!!


febrero 26, 2014

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA


Durante toda a semana celebramos na biblioteca "O Día de Rosalía". Comezamos o luns 24, data que conmemora o seu nacemento, escoitando na biblioteca o poema "Adiós ríos , adiós fontes" que recitaron  os nenos e nenas de 2º de ed. Primaria, moitos deles de memoria.
O resto dos cursos están a traballar en distintos poemas que logo exporemos na biblioteca e daremos boa conta deles neste blog.
Sumámonos tamén a iniciativa da AELG de facer un graffiti nos nosos muros; actividade que realizaremos cando o tempo nolo permita.





febrero 23, 2014

OMBRO CINEMA NA BIBLIO

O venres Uxía, coa axuda de Carla,  contounos o conto "Nueva York en Pijamarama" de  Michaël Leblond e Frédérique Bertrande

 Nesta historia un neno vestido co seu pixama de raias sobrevoa a cidade de Nova York  autoestradas, tráfico de vehículos, rúas iluminadas e cheas de xente ,impresionantes rañaceos que contrastan coas árbores de Central Park, todo enmarcado nun gran  bulicio de sons. 
As imaxes do libro cobran vida grazas a técnica cinematográfica denominada ombro-cinéma, desenvolvida en Francia no século XIX. Consiste en superpoñer unha lámina de acetato con raias verticais sobre a páxina ilustrada, de modo que, ao desprazala, crea unha sorprendente ilusión óptica de movemento. A mediados do século XX o sistema utilizouse para desenvolver pequenos xoguetes e aplicalo tamén aos libros. O artista visual Rufus Butler Seder foi un dos seus promotores, pero Michaël Leblond e Frédérique Bertrande elevan, neste libro,o listón da calidade con ilustracións a toda cor e un deseño moderno e atractivo.




febrero 18, 2014

Seguimos a pista das MOCHILAS VIAXEIRAS

Un dos obxectivos  principais da mochila viaxeira é sobre todo disfrutar toda a familia.No ecuador desta viaxe vemos que este obxectivo estase a cumplir.Aquí vos deixo unhas fotos de dúas manualides que fixeron Noemí de 5 anos e Manuel de 3º de primaria coa axuda das súas familias e seguindo os pasos dos libros de manualidades que este ano formaban parte do material das mochilas.
Parabéns para todos.


                                    
                                       Galiña feita por Noemí
Avión de Manuel

febrero 17, 2014

MARÍA MENÉNDEZ VISITA A NOSA BIBLIO

A semana pasada nos "Contos na biblio" coñecimos a Pupi , un extraterrestre azul que chegou ó noso planeta dende Azulón, un planeta a miles de galaxias do noso. Escoitamos unha das súas aventuras "Pupi e as pantasmas" e rimos coas súas ocurrencias e o seu vocabulario tan particular. Pois ben, hoxe tivemos unha GRAAAN sorpresa xa que María Menéndez a creadora de Pupi estivo con todos nós na nosa biblio. Contounos moitísimas anécdotas e secretos do noso amigo azul.Pasamos unha hora moi entretida con ela; disfrutando da súa simpatía e da súa ilusión.
Moitísimas grazas María pola túa visita e polas túas fermosas dedicatorias.
                                                                                 





febrero 14, 2014

CON MOITO AMOR

CROCODILO NAMORADO

 E neste 14 de febreiro aquí vos deixo un fermoso conto de amor entre Crocodilo e Xirafa. O conto está contado polos nenos e nenas de 3 anos do CPI Mondariz ós que lles damos as grazas por compartilo con todos nós.
Noraboa polo voso traballo.




febrero 06, 2014

Hora de Ler...BIOGRAFÍAS

"Me llamo..." é unha colección de libros da editorial Parramon que chegou á nosa biblioteca moi caladiña e sen facer moito ruído. Presentada en sociedade , como toda novidade que se precie, pasou ó seu andel e alí quedou olvidada como o protagonista de "  O Libro que se sentía so".
Un día dentro das caixas de aula chegou á clase de 6º e a  partir deste momento foi tal a súa aceptación que rapidamente mercamos a colección completa e incluímola dentro do itinerario lector do 3º ciclo.
Neste curso, durante o primeiro trimestre, os rapaces e rapazas de 6º escolleron entre todos os títulos unha biografía e na Hora de Ler foron adentrándose na vida de cada  un  dos personaxes.
Logo fixeron uns fantásticos traballos sobre cada biografía e os presentaron na biblioteca en diversos formatos: Power Point , caracterizacións, murais, carteis... converténdose en expertos técnicos de imaxe e son e orixinais maquetadores.
Unha actividade moi gartificante.
                    Moitas grazas a todos e todas polo voso entusiasmo e esforzo.



DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA