abril 15, 2015

ABRIL,mes dos libros :Contacontos

Esta semana as rapazas e rapaces do 1º ciclo recibiron unha invitación para asistir a unha sesión de contacontos na biblio.
Sabela e Clara de 3º de Primaria contaron aos seus compañeiros o conto "A que sabe a Lúa?" acompañado dunhas fermosas ilustracións do libro proxectadas.
Parabéns Sabela!!
Parabéns Clara!!

abril 01, 2015

ABRIL, mes dos libros : Contacontos

Para comezar este mes contamos , un ano máis, na nosa biblio con Iván. Desta volta contounos a historia de "Augusta e os seus medos" e a súa superación enfrontándose a eles.
Pasamos un rato moi agradable, como sempre.
Grazas Iván e grazas a Xerais.