noviembre 24, 2013

25 de novembro : Contra a Violencia de Xénero


" ... - Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren"
"... A Clementina dáballe vergoña ser tan parva"
" ... _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz"
" ... - Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada"
"...non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible"
"... -Que farías ti sen min?- dicíalle el.

...CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
...AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN...
...E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.


noviembre 22, 2013

O CÚ DA RAÍÑA

Para a maioría este rincón non precisa presentación, xa que é un dos máis pintorescos da vila de Mugardos. Pero para os que non o saibades, esta rocha que aparece en primeiro término é coñecida como o "Cú da Raíña". En 1690, a princesa Mariana de Neoburgo veu a contraer matrimonio co rei de España Carlos II. Por mor do mal tempo, tivo que desembarcar nesta pequena rocha redondeada, que desde entón se coñece por ese nome.
En recoñecemento á calurosa acollida dos mugardeses á futura raíña, o rei eximíu aos seus habitantes do servicio militar e concedeu o título de Real Villa ao pobo, descoñecendo que xa o seu avó, Felipe IV, o fixera antes. É por iso que Mugardos é Real Vila dúas veces e por iso luce dúas coroas no seu escudo.

Pois ben, esta foi a lenda escollida para conmemorar a Semana da Literatura de Tradición Oral e que foi recorrendo todos os recunchos do noso cole e os de Apelón.

noviembre 14, 2013

Apadriñamentos para a semana da Literatura de tradición oral


Para conmemorar esta data imos compartir unhas xornadas ao máis estilo tradicional . Os rapaces de 3º e 4º van escoitar unha lenda tradicional de Mugardos da man da profe Pili .Van ter que estar moi atentos xa que van ser os encargados de contala de novo aos seus compañeiros de 5º e 6º , en pequenos grupos, igual que cando facemos os apadriñamentos. E os de 6º e 5º terán que contala aos máis pequenos do cole.

                                   A DISFRUTAR!!!

noviembre 11, 2013

8 de novembro: Celebramos o magosto

Con  ARCIMBOLDO  e o seu cadro de OUTONO comezamos a celebración da festa. Moitas papeletas acertadas no concurso pero...unha soa gañadora : Sabela Martínez de sexto.
 NORABOA Sabela, e sobre todo GRAZAS a todos os paticipantes.
 Continuamos coa exposición de cabazas  .Este ano o xurado o tivo mooooi complicado xa que o listón estaba altísimo como veredes nas fotos.
Presentamos a recopilación das cantigas, refráns, poemas... que formará parte dos fondos da nosa biblioteca.
                                                     E para rematar a festa xogos populares e degustación de castañas.!!!!!
                                                 Unha boa xornada de convivencia!!!!.