diciembre 11, 2014

PODCAST : O MAGOSTO


Como ben sabedes o proxecto no que nos embarcamos con moitísima ilusión  este curso xira entorno ó mundo da radio.
Tomamos como punto de partida unha das celebracións máis emblemáticas da nosa terra , o magosto.
Visitamos a nosa biblio, preguntamos ás nosas familias....e recopilamos unha morea de información sobre as castañas, os castiñeiros, refráns, cantigas, lendas... Traballamos con toda esa información nas aulas coordinados/as polas  mestras ; seleccionamos, recortamos engadimos, opinamos...e elaboramos uns completos traballos que expuxemos na biblioteca o Día do Magosto e que estarán expostos nas corcheiras dos corredores do cole durante este curso.
 Un grupo de alumnos e alumnas de 3ª, 4º, 5º e 6º coordinados por Tonecho e Iván ( o presidente do ANPA) refundiron todo este traballo nun formato de guión radiofónico.
O resultado xa o temos aquí neste podcast.