abril 27, 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS : DE EIRUGA A BOLBORETA


UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

"Unha eiruga moi larpeira" foi o libro escollido por Clara de 2º para contárllelo ós seus compañeiros e compañeiras de ciclo. Ademais estivemos moi ben acompañados polas novas mascotas do cole.
GRAZAS, CLARA!!!!!!!
                                                                                                                

abril 23, 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Comezamos a celebración do Día do Libro cunha  fermosa historia na que os libros teñen ás e fan que todos aqueles que os lean poidan tamén  voar. Unha homenaxe para todos os que disfrutamos da lectura e amamos os libros.




Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.


abril 10, 2014

"UN PESADELO NO MEU ARMARIO" EN KAMISHIBAI

María e Paola
Un grupo de alumnas e profes colaboradoras da biblioteca, fixeron unha adaptación para o Kamishibai do texto e das ilustracións do conto "Un pesadelo no meu armario".
María e Paola de 6º foron as encargadas da montaxe da música, e da narración do conto ós nenos e nenas de Ed. Infantil.
Ademais repartiron un fermoso e útil "Espanta-soños" , elaborado polo equipo da biblio, para que todos os monstros que se acheguen ós nosos soños lisquen... axiña,axiña.

abril 03, 2014

O microscopio dixital na biblio

Esta semana comezaron a nacer os primeiros vermes de seda!! Para celebralo escoitamos na biblio a adaptación dunha antiga lenda China que a profe de 6º  fixo para nós.
 A lenda remóntase ó ano 2698 ac, á época do emperador Huang Ti, o famoso Emperador Amarelo, e de como descubriu a seda.

                                                                               
Despois co miscroscopio dixital vimos na pantalla , aumentados, os pequenos vermes comendo nas follas da moreira e os seus ovos que parecían fermosas pedras preciosas.
Este novo aparello deixounos completamente abraiados!!!!

abril 02, 2014

2 de abril, Dia do Libro Infantil :Contacontos en familia

Para celebrar este día contamos coa presenza de Bea, a nai de Saúl. Bea escolleu un dos libros preferidos do seu fillo" A figueira dos pelos tortos".
PelosTortos non quería compartir os figos da súa figueira, pero uns rapaces disfrazados de pantasmas, déronlle unha boa lección...
E gustounos tanto a historia, que Bea animouse e contounos outra máis dun neno que non quería aprender a ler.
¡Moitas grazas tamén a ti, Bea!¡ Encantounos que viñeras! Grazas por compartir con todos un conto tan especial para vós.

abril 01, 2014

En abril, contos mil : Contacontos en familia

Como non podía ser doutra maneira, comezamos o mes de abril con contos. Desta volta contamos coa colaboración da familia de Endika, concretamente con Nerea a súa irmá.Contounos unha historia"La mariquita de Apelón".Unha historia  moi bonita na que os protagonistas foron os nenos e nenas de 6º de Ed Infantil.
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
Ademais, Nerea agasallounos a todos/as cunha xoaniña: moitas grazas Nerea, encantounos a historia, o xogo de adiviñar as pistas,..., a verdade é que nos fixeches pasar unha mañá superentretida. ¡Grazas!