diciembre 20, 2017

O NOSO AGUINALDO

Recomendacións lectoras

diciembre 16, 2017

CONTACONTOS NA BIBLIO...HOXE EN INGLÉS

Un ano máis temos a sorte de que  Mº Victoria Vázquez  visite a nosa biblioteca. Desta volta vainos contar a historia do Grinch e a súa teima co Nadal.:  "How the Crinch stole Christmas"
Moitísimas grazas a Asociación Apelón por contar con nós para esta actividade
 e moitísimas grazas a
 Mª Victoria.

diciembre 15, 2017

Contacontos na biblio

Hoxe temos contacontos na biblioteca. Un contacontos moi querido por todos nós , bueno máis ben unha contacontos.
Hoxe estará con nós Aida , a nai de Xoel, que ataviada co seu mandil máxico vainos contar a historia de Martiño, e o seu peculiar problema na noite de Reis.
Disfrutade moito e...
Moitísimas grazas Aida!!!!

noviembre 27, 2017

DEREITOS DAS NENAS E NENOS

                                                                                                                         
"Xunt@s polos dereitos d@s nen@s" con este slogan celebramos este curso o Día dos Dereitos dos Nenas e os Nenos e cunha divertida xornada intercentros .
 Queredes saber que fixemos?
Pois non tes máis que clicar no blogue de Ed. Infantil   Os Milicroques .

noviembre 26, 2017

CEIP UNIÓN MUGARDESA , EN NEGRO

CEIP UNIÓN MUGARDESA, en NEGRO contra  a VIOLENCIA DE XÉNERO



 Nestas datas ...
                                      Lecturas compartidas, contacontos, dramatizacións, debuxos....

                                                        CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

noviembre 03, 2017

POLO SAMAÍN...

LECTURAS... DE MEDO
CONTACONTOS... DE MEDO

OBRADOIRO DE CONTOS...DE MEDO

octubre 26, 2017

Contacontos na biblio :"Es un libro"

Seguindo co programa da celebración do Día das Bibliotecas Escolares , Laura e Olalla  contaron e dramatizaron o fantástico libro de Lane Smith
                        "Es un libro".

Fantástica interpretación!!!!


octubre 23, 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


"O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. 

O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa"


E nós tamén imos conmemorar esta data ó longo da semana co seguinte programa:

.TEATRO NO COLE 
O grupo A tropa de Trapo representará no noso cole a obra "Ti tamén contas"

. ENCONTROS NA BIBLIO CON: VÍCTOR RODRÍGUEZ

O pintor Víctor Rodríguez visitará a nosa biblioteca para falarnos dos seus cadros sobre "As Meninas".

 .Primeira sesión de contacontos  na biblio

Laura e Olalla de 6º de Ed. Primaria farán unha peculiar representación do libro de Lane Smith "Es un libro".

.TALLER DE MARCAPÁXINAS

.ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

.PRESENTACIÓN DE NOVIDADES

octubre 22, 2017

TÍ TAMÉN CONTAS


Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade  disfrutamos, xunto cos compañeiros e compañeiras do cole de Franza ,do grupo A Tropa de Trapo co espectáculo "Ti tamén contas"

A actividade consistiu en diferentes contacontos, acompañados de xogos e dinámicas participativas.


TI TAMÉN CONTAS é máis ca un espectáculo de contos. Hai contos pero tamén hai debate. Porque nós temos cousas que contar, pero o público tamén.

Arrincamos primeiro cuns contos que porán enriba da mesa diferentes cuestións. E despois xogaremos a debatir todos e todas a través de dinámicas activas e participativas.

E de que falaremos?

Entendemos que para a sensibilización sobre a cooperación e a solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible.

Por iso, cos contos, cuestionaremos :
- a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos,
- a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles
- as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil
- a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade

Nós poñemos as historias e o público pon as reflexións. Compartirémolas xogando, entre todos e todas. Porque todos contamos.

Os Contos :

- O home feliz
Nun reino había un príncipe que non era feliz. Enfermou de tristura e seu pai, o rei, intentouno todo para curalo. O único remedio era atopar un home feliz, quitarlle a camisa e vestir con ela ao príncipe.
Partiu entón o rei en busca do home máis feliz do reino... pero, quen podía ser?
Comezou entón unha viaxe cuestionando a felicidade, as comodidades, o que pensamos que nos fai felices e o que nos fai felices de verdade.


- A pelota
Ailé xogaba sempre cunha pelota. A súa pelota preferida. Un invento marabilloso.
Pero un día preguntouse quen sería a mente brillante que faría esa pelota. Imaxinou que sería alguén moi importante. Pero a realidade era outra. Noutro país, moito máis pobre có seu, era un neno coma el o que facía as pelotas. Un neno que nin tan sequera tiña unha das pelotas que fabricaba.


- Tumbé
Un furacán tropical arrasou coa vila ribeirana de Tumbé e a xente quedou sen nada. Lonxe dalí, un home cunha avioneta xuntou comida e medicinas e levounas, pero caeulle unha mochila. E Tumbé quedaba moi lonxe.
Era imposible que a mochila chegase a Tumbé.
Comezou entón para esta mochila unha viaxe de ombreiro en ombreiro, por terra e por mar, cun vello, cun corvo, cunha sardiña... para demostrar que, se non nos rendemos, o imposible tamén pode ser posible.
E aínda que pareza imposible, a mochila chegou a Tumbé. Pero este non era o final da historia...



octubre 01, 2017

Presentación do cadro "As Meninas"

Desvelamos por fin o misterio do noso proxecto  ...
Durante este trimestre traballaremos arredor do cadro  "A familia de Felipe IV" máis coñecida como "As Meninas" do pintor Diego Velázquez.
Esta semana , na biblioteca, teremos a presentación do cadro da man dun divertido vídeo do Museo do Prado.
Estades todos convidados/as...


septiembre 29, 2017

Novo curso....novos proxectos

Aquí estamos un curso máis con todos vós.
                                               ...preparados para embarcar en novos proxectos?

E para comezar ....
                                          que opinades da montaxe que apareceu hoxe na entrada do cole?


teas negras...
     pinceis...
         cadros colgantes...
                      siluetas misteriosas...

Estamos desexando  escoitar as vosas ideas .


COMENZAMOS...


Un ano máis comezamos un novo curso coa formación de usuarios e a posta en marcha da nosa biblioteca.
Contamos cunha chea de novidades que pouco a pouco irás coñecendo.
Adiantamos que temos unha nova sinalización nos andeis dos libros de narrativa para que sexa moito máis doado localizalos.

Estamos todos , tanto profesorado como alumnado , moooi preparados para comezar!!!!!!



abril 27, 2017

Abril, mes dos libros con Pere Tobaruela

Esta semana , grazas a editorial Embora, contamos na nosa biblioteca coa visita do escritor catalán afincado xa en Galicia, Pere Tobaruela.
Pere visitounos para charlar sobre o seu libro "Cinco horas con Mauro" que formaba parte do programa de libros de lectura compartida para este curso en 5º e 6º de Ed. Primaria.

Falamos do acoso escolar , da súa vida como escritor e da importancia de valorar e utilizar a nosa lingua. En fin unha sesión moi enriquecedora na que todos , alumnos e profes , disfrutamos moitísimo.


Nós tiñámoslle preparada unha sorpresa, un BOOKTRAILER sobre o seu libro:


Gustoulle tanto  o booktrailer que ata nos pedíu unha copia para el!!!!!

E tamén en REALIDADE AUMENTADA  co programa Aurasma enlazado á portada do libro



marzo 10, 2017

"Aló onde agroman as herbas" : Semana da Igualdade

Nesta semana adicada á igualdade da muller contamos na nosa biblio coa presenza da cantautora mugardesa Sofía Espiñeira.
Con ela pasamos unha fantástica mañá na que ademais de disfrutar escoitando as súas cancións, de poder cantar con ela acomañados da súa guitara, tivemos a oportunidade de charlar con ela sobre as vantaxes e desvantaxes de ser muller no mundo da música.




E para rematar os máis pequenos fixéronlle entrega dun agasallo moi especial...


febrero 03, 2017

SE BUSCAN VALIENTES


 Con este vídeo de Langui "Se buscan Valientes" presentamos este curso as charlas sobre o acoso escolar na biblioteca en colaboración co Departamento de Orientación. Estas sesións, como en anos anteriores, están dirixidas polo equipo da Garda Civil encargado de achegar ós nosos nenos e nenas esta problemática.

Dende a Biblioteca seguiremos traballando este tema coa lectura do libro "Cinco Horas con Mauro" do que falaremos máis adiante,
xa que contaremos coa visita do seu  escritor.
E como en cursos pasados co noso taller de escritura "El Diario de Max".