octubre 23, 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


"O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. 

O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa"


E nós tamén imos conmemorar esta data ó longo da semana co seguinte programa:

.TEATRO NO COLE 
O grupo A tropa de Trapo representará no noso cole a obra "Ti tamén contas"

. ENCONTROS NA BIBLIO CON: VÍCTOR RODRÍGUEZ

O pintor Víctor Rodríguez visitará a nosa biblioteca para falarnos dos seus cadros sobre "As Meninas".

 .Primeira sesión de contacontos  na biblio

Laura e Olalla de 6º de Ed. Primaria farán unha peculiar representación do libro de Lane Smith "Es un libro".

.TALLER DE MARCAPÁXINAS

.ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

.PRESENTACIÓN DE NOVIDADES

No hay comentarios:

Publicar un comentario