octubre 22, 2017

TÍ TAMÉN CONTAS


Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade  disfrutamos, xunto cos compañeiros e compañeiras do cole de Franza ,do grupo A Tropa de Trapo co espectáculo "Ti tamén contas"

A actividade consistiu en diferentes contacontos, acompañados de xogos e dinámicas participativas.


TI TAMÉN CONTAS é máis ca un espectáculo de contos. Hai contos pero tamén hai debate. Porque nós temos cousas que contar, pero o público tamén.

Arrincamos primeiro cuns contos que porán enriba da mesa diferentes cuestións. E despois xogaremos a debatir todos e todas a través de dinámicas activas e participativas.

E de que falaremos?

Entendemos que para a sensibilización sobre a cooperación e a solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible.

Por iso, cos contos, cuestionaremos :
- a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos,
- a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles
- as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil
- a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade

Nós poñemos as historias e o público pon as reflexións. Compartirémolas xogando, entre todos e todas. Porque todos contamos.

Os Contos :

- O home feliz
Nun reino había un príncipe que non era feliz. Enfermou de tristura e seu pai, o rei, intentouno todo para curalo. O único remedio era atopar un home feliz, quitarlle a camisa e vestir con ela ao príncipe.
Partiu entón o rei en busca do home máis feliz do reino... pero, quen podía ser?
Comezou entón unha viaxe cuestionando a felicidade, as comodidades, o que pensamos que nos fai felices e o que nos fai felices de verdade.


- A pelota
Ailé xogaba sempre cunha pelota. A súa pelota preferida. Un invento marabilloso.
Pero un día preguntouse quen sería a mente brillante que faría esa pelota. Imaxinou que sería alguén moi importante. Pero a realidade era outra. Noutro país, moito máis pobre có seu, era un neno coma el o que facía as pelotas. Un neno que nin tan sequera tiña unha das pelotas que fabricaba.


- Tumbé
Un furacán tropical arrasou coa vila ribeirana de Tumbé e a xente quedou sen nada. Lonxe dalí, un home cunha avioneta xuntou comida e medicinas e levounas, pero caeulle unha mochila. E Tumbé quedaba moi lonxe.
Era imposible que a mochila chegase a Tumbé.
Comezou entón para esta mochila unha viaxe de ombreiro en ombreiro, por terra e por mar, cun vello, cun corvo, cunha sardiña... para demostrar que, se non nos rendemos, o imposible tamén pode ser posible.
E aínda que pareza imposible, a mochila chegou a Tumbé. Pero este non era o final da historia...



No hay comentarios:

Publicar un comentario