enero 30, 2013

30 de xaneiro : Día da Paz

"ESTOY HECHO DE

DOS COLORES QUE SE AMAN" 

Con esta frase do fermosísimo libro  " Colores que se aman" de Paco Abril celebramos no noso cole  o Dia da Paz. Escoitamos na biblioteca o conto, fixemos os nosos corazóns entrelazados con cores que se aman, e pintamos o muro do patio con multitud de corazóns de moitas e fermosísimas cores.



enero 24, 2013

XANEIRO 2013: UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Vía Asesoría Bibliotecas Escolares