noviembre 29, 2015

A IGUALDADE TAMÉN CONTA

Baixo este lema "A igualdade tamén conta" traballamos durante esta semana o tema da igualdade.
Comezamos elaborando lazos conmemorativos en recordo das vítimas da violencia de xénero. Os nenos e nenas de 6º de primaria comprometéronse a facer un taboleiro denuncia no que irán colgando noticias relacionadas coa igualdade/desigualdade de xéneros .
Os nenos e nenas do primeiro ciclo tiveron unha sesión de contacontos baseada no libro "Airiña bailarina".
E os peque do cole viaxaron ata Narón para ver a obra de teatro "O País dos Mandóns"
E para rematar unha lectura compartida :     " Elmer " o noso elefante favorito.




No expositor móbil estarán , entre outros , estes libros...Atento que pronto entrarán na túa aula para disfrutar deles de novo.

noviembre 27, 2015

ADIÓS A NEIRA VILAS



HOXE TODOS OS XORNAIS RECOLLEN A TRISTE NOTICIA DA MORTE DUN DOS MÁIS GRANDES DA NOSA LITERATURA , XOSÉ NEIRA VILAS.
Durante as vindeiras semanas realizaremos diversas actividades para recordalo.


El Faro de Vigo
EL País
La Voz de Galicia

noviembre 24, 2015

TEATRO : "JIM E A ILLA DO TESOURO"

Pois si, aquí temos a sorpresa ...Imos ó teatro a disfrutar desta fantástica obra e esta é a súa carta de presentación que a compañía fai dela:
"Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.
Música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios, cancións corsarias, un tesouro agochado, unha illa remota e unha busca chea de aventuras. Jim e a Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da peza de Stevenson o maior clásico das novelas de aventuras e unha fonte de inspiración para posteriores filmes, obras de teatro, bandas deseñadas e novelas de temática pirata.
Sinopse
O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna."


noviembre 18, 2015

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Martina foi a encargada este ano de contarnos unha antiga lenda celta que estaba agochada trala porta da súa clase de 6º de primaria.
Unha antiga lenda sobre a celebración do Samaín coa que pasamos un pouco de tensión e como non....de MEDO.
Parabéns para Martina!!!!!

noviembre 15, 2015

A ILLA DO TESOURO

A Illa do Tesouro  un clásico da literatura infantil volve ás nosas aulas nunhas sesións de lecturas compartidas .
Disfrutade moito con este libro de piratas, tesouros, mapas misteriosos...
e.....pronto teremos unha gran sorpresa relacionada con este libro.

noviembre 06, 2015

CORRE, CORRE CABACIÑA

Os nenos e nenas de 6º de primaria prepararon para todo o colexio unha adaptación do libro "Corre , corre cabaciña" en sombras chinesas.
O resto do alumnado prepararon a canción baseada neste libro para participar tamén na representación.
Parabéns para todos/as!!!!!

noviembre 03, 2015

ARRIBA O TELÓN

"La ramita de Hierbabuena" conta as peripecias que ten que pasar Asterio para conseguir " una ramita de hierbabuena" que a  súa nai precisa para facer un sabroso guiso. Deberá resolver enigmas, superar probas e andar por camiños e lugares descoñecidos.
Pois esta é a pequena reseña da obra de teatro que veremos esta semana no Teatro de Narón.
Disfrutade moito e....Xa nos contaredes !!!!