noviembre 24, 2015

TEATRO : "JIM E A ILLA DO TESOURO"

Pois si, aquí temos a sorpresa ...Imos ó teatro a disfrutar desta fantástica obra e esta é a súa carta de presentación que a compañía fai dela:
"Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.
Música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios, cancións corsarias, un tesouro agochado, unha illa remota e unha busca chea de aventuras. Jim e a Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da peza de Stevenson o maior clásico das novelas de aventuras e unha fonte de inspiración para posteriores filmes, obras de teatro, bandas deseñadas e novelas de temática pirata.
Sinopse
O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna."


No hay comentarios:

Publicar un comentario