septiembre 17, 2010

PROGRAMA DOS ACTOS DO CENTENARIO

"...aquelas persoas merecen recoñecemento, e , despois de cen anos , aqui estamos para dárllelo, para agradecerlles aquel xesto e para recordalos por aquela cívica iniciativa"( A Comisión Xestora do Centenario da Unión Mugardesa De Instrucción).


PROGRAMA DE ACTOS:

25 de setembro:

. Representación no Casino da obra de Teatro "Sempre con Galicia" a cargo dos nenos/as e profesores/as do Ceip Unión Mugardesa.

. Conferencia " A tarefa máis fermosa da emigración galega a América" por Ernesto López Naveiras.

1 de outubro:

. Inauguración das exposicións: "Centenario da Escola Unión Mugardesa de Instrucción" e "Escolas de habaneiros .Memoria gráfica.

.Conferencias:" Escolas de americanos: proxectos e experiencias sobranceiros de educación popular para a Galicia rural" ( 1904-1936) .Vicente Peña Saavedra.

2 de outubro:

.Festexos conmemorativos.

8 de outubro:

.Peche dos actos cunha mesa redonda e proxección de videos.


septiembre 15, 2010

UN NOVO CURSO: BENVIDOS A "BIBLODOMINICUS"



"- Benvidos a Hogwarts- dixo a profesora McGonadall-. O banquete de principio de curso vai comezar de contado pero, antes de ocupar o voso lugar na Grande sala, seredes escollidos para as casas... Teredes clase coa casa que vos corresponda, durmiredes na residencia da vosa casa e pasaredes o tempo libre na súa sala común."( J.K.ROWLING,"Harry Potter y la piedra filosofal")



Ola, Benvidos a todos. Non , non estamos en Howard nin eu son a profesora McGonadall, son o dragón Dominicus e aquí estou de novo, un curso máis, na biblioteca do cole. Espero que este curso chegue cargado de moitas sorpresas: libros novos, concursos, contacontos...desexo que sigamos sendo moi amigos e compartir con todos vós un montón de horas de diversión.


Ata pronto!!!!