diciembre 20, 2012

PARA LER E AGASALLAR


Aquí tedes unhas recomendacións para este Nadal . Se clicades nos debuxos seleccionados teredes acceso a máis información sobre os libros.
Dende a biblioteca do dragón " FELICES FESTAS"

diciembre 16, 2012

12 - 12 - 2012


" ...PORQUE SI, PORQUE QUERO, PORQUE ME PETA E DAME A GAÑA..."

O 12 do 12 do 2012 , según o previsto, reunímonos todo o cole no patio de Apelón para recitar o poema " Deitados frente ao mar".
Acompañados polas badaladas do reloxio do Concello soaron os versos de Celso Emilio.




diciembre 09, 2012

RECITANDOACELSOEMILIO



 Co gallo do centenario de Celso Emilio Ferreiro a Coordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanzou unha proposta  para conmemorar todos xuntos os cen anos do nacemento do poeta de Celanova.
O 12 do 12 ás 12, os centros e colectivos que se sumen a esta iniciativa recitarán conxuntamente un dos seus poemas máis coñecidos e significativos : Deitados fronte ao mar.
O noso cole tamén se suma a esta iniciativa e así o vindeiro día 12 de decembro xuntaremonos todos no patio de Apelón ( sempre que o tempo nos acompañe) a recitar este poema.En caso de choiva recitaremos o poema na biblioteca.
 Agora vos deixo cun video do IES AS BARXAS ( Moaña , Pontevedra) que elaboraron para promocionar  este acto e un elaborado traballo da profesora Elvira Roiz do Concepción Arenal de Ferrol sobre a figura de Celso Emilio.
Noraboa  polo traballo tan ben feito!



CEF1
View more presentations or Upload your own.
CEF2 (1),arial;height:26px;padding-top:2px;">View more presentations or Upload your own.

noviembre 25, 2012

QUEN DIXO MEDO ?


Cabazas maléficas, arañas , gatos negros , árbores siniestras , pantasmas...
Cores negras, grises, laranxas...
Libros de antigas lendas, de conxuros, de meigas...
Todo o cole transformado para celebrar o SAMAÍN.
Pois a nosa biblio non podería quedarse atrás e así, no día de hoxe ,disfrutamos todos xuntos dunha terrorífica xornada.
Empezaron os máis peques escoitando unha nova aventura do noso amigo Dominicus, que un ano máis, parece que volta a ser o protagonista das divertidas aventuras que nos conta a nosa Contacontos, Pili.
Os nenos e nenas de quinto contáronnos unha antiga lenda galega "A Santa Compaña" e agasalláronnos cunha terrorífica sorpresa : A aparición en vivo e en directo da mismísima Santa Compaña. Foi un momento un pouco tenso , porque algún pasou algo de medo...

Os nenos e as nenas de sexto representaron para todos nós "A figueira dos Pelostortos" rímonos moito e acabamos coreando todos:
Antes me leven as almas en pena,
que darvos un figo da miña figueira!

Para rematar a sesión cantamos todos a canción do Samaín e fíxose a entrega de premios do concurso.


E xa para rematar a festa comimos no patio as castañas.

Libros recomendados







octubre 25, 2012

OUTUBRO:MES DA BIBLIOTECA

Comezamos este ano coa primeira lectura colectiva na nosa biblio .
El secuestro de la bibliotecaria, foi o libro escollido para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.

 As divertidas aventuras da señorita Laburnum , unha fermosa bibliotecaria, que vive unha disparatada aventura con un grupo de variopintos piratas.
Ademais do bo momento que pasamos, o libro deunos pé para recordar as normas da biblioteca e elaborar uns fermosos marcadores.

Para recordar a historia aquí vos deixo o video baseado no libro.



Queres participar no CONCURSO baseado neste divertido libro? Recolle as bases e os impresos na recepción da biblio.
Anímate e participa. Moita sorte.

septiembre 25, 2012

BENVIDOS A UN NOVO CURSO : 2012 - 2013





Ola amigos e amigas xa estamos de volta un curso máis . Estaba xa desexando a vosa volta.
E para comezar vou facer eu , Dominicus, a primeira recomendación lectora.
Eu teño a sorte de que Antón Cortizas, o noso gran amigo, escribira a miña historia : "Dominicus , o dragón" e quero, un ano máis, compartila con todos vos.
Durante o mes de outubro estará no expositor da biblioteca.

junio 26, 2012

junio 20, 2012

COÑECERNOS PARA QUERERNOS: COIDAMOS A NOSA RÍA

Os nenos e nenas de Apelón realizaron un interesante traballo de observación e investigación sobre a conservación do noso medio, mais concretamente no areal de Mugardos.
Aquí tedes todo o proceso dende a praia ata o cole e as conclusións as que chegaron e que queren compartir con todos nós.

Aqui vos deixo un corto dunha pequena illa do Pacífico, lonxe da costa. Aquí so viven aves e... saca as túas propias conclusións



¿PODEMOS FACER ALGO OU SEGUIMOS COS BRAZOS CRUZADOS MIRANDO PARA OUTRO LADO?

junio 19, 2012

CONOCERNOS PARA QUERERNOS

" A Nosa Ría" é o título do último traballo que fixemos para enviar, xunto coa lenda da Serea das Illas Miranda, ao Sahara.

mayo 17, 2012

Letras Galegas 2012

Despois de ver os videos e de ler os carteis e os traballos que tes polo corredor , serías quen de facer este
libro interactivo?.
Grazas ao Ceip Conde de Fenosa ( O Barco , Ourense)  polo excelente traballo e por compartilo.


mayo 16, 2012

17 de maio LETRAS GALEGAS 2012






O 17 de maio celebramos as vodas de ouro das nosas Letras. 50 anos , dende Rosalía ata Valentín Paz Andrade, homenaxeado nesta Letras Galegas 2012.
Os compañeiros e compañeiras do Ceip Barrié de la Maza elaboraron este divertido video sobre Paz Andrade e que queremos compartir con todos vós. Aproveitamos tamén para felicitalos polo seu traballo e por compartilo con todos.









mayo 13, 2012

A SEREA DAS ILLAS MIRANDAS

...e este é o resultado final dos nosos traballos. Aquí temos unha pequena montaxe, pero no cole podemos ver un gran mural cos debuxos orixinais e pronto estará listo o libro para a nosa biblioteca e outro exemplar para enviar aos nosos amigos de Smara.

mayo 09, 2012

CÓNTAME UN CONTO



Hoxe ,grazas a editorial xerais, tivemos o gusto de disfrutar de Iago López que nos contou o conto "A princesa Sabela".Pasamos uns momentos moi divertidos axudando a Sabela a decir NON, NON, NON; a correr rápido, rápido; a lavar os cochos... e sobre todo disfrutamos moitiiiiisimo escoitando a Iago contando a historia.
GRAZAS.

Se queres ler ti so as historias ou levalas para a casa e contarllas aos teus pais , busca na biblioteca " A princesa Sabela" e " O souto escuro e perigoso " (durante esta semana estarán no expositor).


abril 24, 2012

Semana do libro: A SEREA DAS ILLAS MIRANDAS

O CONTO VIAXEIRO
Durante esta semana ímonos convertir en ilustradores!!!!.
Escoitamos todos moi atentos a  lenda  " A Serea das Illas Mirandas" que os nenos de sexto nos relataron. Despois cada clase ilustraremos unha das súas páxinas e logo faremos un precioso libro conxunto.
Seguro que vai sair moi chulo!!!

abril 23, 2012

23 de abril. Día do libro

Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas , de recendos, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir




Abrimos a semana adicada ao Dia de Libro con este pequeno agasallo que Agustín Fernández Paz escribiu para as bibliotecas escolares galegas co gallo desta celebración. Podedes disfrutar do texto completo" Os ríos da vida" no blogue das Bibliotecas Escolares Galegas.
Grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por compartilo con todos nós.

abril 02, 2012

RAP DO LIBRO PARA O 2 DE ABRIL

Día do Libro Infantil e xuvenil

abril 01, 2012

CLUB DE LECTURA

Dende o  proxecto "Coñecernos para querernos" no que estamos a traballar  durante este curso, achegamos ao club de lectura a historia de Twala, unha nena saharaui que ven pasar o verán a Galicia, como moitos que nos visitan en Mugardos, e que descobre a súa paixón pola auga.

marzo 21, 2012

JACOBO FERNÁNDEZ

Hoxe, 21 de marzo, visitou o noso cole Jacobo Fernández. Foi unha gran sorpresa para todos pero tiñamos os deberes ben feitos : o libro "Mil cousas poden pasar" requetelido e comentado no Clube de lectura, as nosas preguntas preparadas, e unha selección das revistas Golfiño onde Jacobo participou e que ollamos uns días antes.
O tempo pasousenos moi rápido, pois Jacobo resultou ser unha persoa encantadora :respostou a todas as nosas preguntas, ensinounos os seus debuxos, dedicounos os libros e fíxonos un fermoso agasallo para a nosa biblioteca: o retrato do porco Issais.
GRAZAS Jacobo e que saibas que xa empezamos a ler a segunda parte do teu libro ( xa ten lista de espera).

febrero 28, 2012

AS VIAXES DE GULLIVER


O 28 de marzo os nenos e nenas de 4ª, 5º e 6º farán unha viaxe a A Coruña para disfrutar do concerto didáctico "As viaxes de Gulliver" no Teatro Rosalía de Castro.A Banda Municipal de Música de A Coruña será a encargada de dar vida á música que Maxime Aulio escribiu inspirada na popular novela homónima de Jonathan Swift.
O departamento didáctico da Orquestra Sinfónica puxo á nosa disposición unha guía didáctica da obra.
Guía didáctica "As viaxes de Gulliver"

febrero 07, 2012

TALLER : AS ENERXIAS RENOVABLES

Durante a primeira semana de febreiro os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos investigando sobre os tipos de enerxía. Primeiro traballamos por aulas; puxemos en común un rebumbio de ideas de todo o que sabiamos sobre os tipos de enerxía ; logo buscamos información na bibloteca, en pequenos grupos,sobre os aspectos nos que tiñamos dúbidas .
A finais de semana todo o grupo asistimos a un taller na biblio , organizado en colaboracion con Gas Natural Fenosa, onde participamos de forma moi activa.Reforzamos os contidos que xa sabiamos e aprendimos moitísimas cousas sobre as enerxías renovables e sobre todo como coidar o noso planeta.
Resultou unha experiencia moi enriquecedora!!

febrero 01, 2012

DOMINICUS INFORMA



.
O Concello de Mugardos convoca o IV Certame de Poesía. Dende a biblioteca...        ¡¡ animámoste a participar!!!
Dende hoxe e durante todo o mes de marzo terás na biblioteca unha exposición de libros de poesía para que te inspires cos grandes poetas e poetisas.
As bases do concurso están no taboleiro da biblioteca , na biblioteca do Concello e na oficina de Información Xuvenil.Tamén podes acceder á información entrando na páxina do Concello de Mugardos

enero 30, 2012

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.


Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.

enero 15, 2012

CLUB DE LECTURA


Para este segundo trimestre imos ler o libro dun escritor e magnífico ilustrado , Jacobo Fernández. O libro titúlase " Mil cousas poden pasar I ".
SINOPSIS
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.