marzo 27, 2015

Contacontos en familia

Lembramos a todas as familias que,un ano máis,están invitadas a participar nas sesións de contacontos na biblioteca.Porque os nosos nenos e nenas necesitan das historias e da literatura para medrar, para que un día comecen a contar as súas propias historias.
Estamos seguras de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán os vosos fillos/as,netos/as,sobriños/as...

marzo 15, 2015

Semana da astronomía

Co gallo do próximo eclipse solar teremos durante esta semana unha exposición de libros relacionados co mundo da astronomía.
Por que se producen os eclipses? e os días e as noites?
Quen xira a Terra ou o Sol?
Estas preguntas e moitísimas máis poderemos respostar durante esta semana na biblio.
Ademais contamos cun pequeno planetario co que poderemos por en práctica todo o aprendido.
A disfrutar coa ciencia!!!

marzo 03, 2015

Ledicia Costas visita a nosa biblio

"Escarlatina , a cociñeira defunta" foi un dos libros escollidos para o Club de Lectura neste curso. Contamos coa visita da súa autora, Ledicia Costas, e compartimos con ela durante unha hora a súa experiencia durante a creación do libro.
O final adicounos uns marcapáxinas que diseñamos na clase.
Moitíiisimas grazas Ledicia!!!!

marzo 02, 2015

MARZO coa poesía

Comezamos o mes , no tempo das lecturas compartidas do 1º ciclo,co libro de Helena Villar "As señoras cousas".
"Sabores de auga" foi o poema escollido . Inventamos palabras novas para os versos e plasmámolo nun mural na biblio.
e...quedounos así de chulo!!!