decembro 18, 2023
novembro 27, 2023
novembro 22, 2023
novembro 13, 2023
novembro 05, 2023
novembro 01, 2023
CONTACONTOS NA BIBLIO : ARTUR
Dentro da casca, Artur estaba seguro, pero moi incómodo. O seu cuarto quedáralle pequeno, ata que descubriu que aquel ovo era unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido.
XOGAMOS CON ARTUR
outubro 29, 2023
RESOLVEMOS O PRIMEIRO MISTERIO DO BECHO E .... NOVO RETO, SEGUNDO MISTERIO DO BECHO !!!
outubro 26, 2023
outubro 22, 2023
outubro 14, 2023
outubro 09, 2023
setembro 25, 2023
setembro 22, 2023
setembro 18, 2023
setembro 11, 2023
Benvidos e benvidas ao novo curso!
![]() |
Que tal de
verán?
Sabedes que hoxe
estarei no recreo orellando o que falades entre vós, se fostes á praia, se non
fostes, se en Chanteiro vos picou un escarapote, se non vos gusta o churrasco e
por iso o verán é un tormento, se preferides o churrasco, pero odiades o polbo
á festa, a cantas festas fostes, ...Aiiii!
que interesantes son as conversas da volta do verán!, ás veces penso que o máis
importante do verán é que nos da que falar.
Pois eu tamén
teño cousas moi interesantes que contarvos, este verán coñecín a individuos
certamente interesantes, e a verdade, é que nunca me fixara neles! Fíxenme
amigo dunha araña máxica que me contou moitísimas cousas sobre ela e sobre os
bechos que caen na súa arañeira.
Vós sabiades que
a resistencia das teas de araña é comparable á do aceiro, é capaz de soportar
unha grande forza antes de romper? Ou que hai máis de 40.000 especies de
arañas, e que hai arañas en todo o mundo, incluso sobreviven no espazo? As
arañas teñen de 6 a 8 ollos, e algunhas incluso comen a súa propia tea..., e
podería seguir contándovos mil cousas máis sobre as arañas que me contou a miña
amiga María moi orgullosa das de a súa especie.
Cada vez que
penso que case a piso! Menos mal que é unha araña máxica e berrou NOOOOOOON! E
deixoume sorprendido e desconcertado! Despois do susto, fixémonos amigos,
porque eu estaba tan marabillado, que so puiden manter os oídos moi abertos
para que non perderme nada do que me estaba contando. Que bonito ter alguén con
que falar!
Tamén me contou
cousas moi terribles, como que os humanos, si vós, estabades acabando co mundo
dos seres diminutos coa contaminación, os insecticidas, herbicidas, a
contaminación da auga, ...., e dixo que non vos entendía, porque sen os bichos
pequenos, sen invertebrados non podemos vivir! As veces penso que as persoas
están un pouco tolas!
Sen
invertebrados, non desaparecerían as follas, nin a bosta das vacas ou a cacas
das ovellas, imaxinádevos Mugardos cheo de excrementos de cans, gatos, ...
.Posiblemente tamén desaparecerían as flores, moitos paxaros, réptiles e
anfibios, e incluso persoas non terían comida. Habería moitas máis pragas,
perderíamos materias primas: mel, cera, seda, ...., tantas cousas
importantes...
Facédeme
un favor ENOOORME: Parádevos un ratiño e mirade canta vida tedes arredor,
coñecede aos meus amigos os invertebrados, dádelles unha oportunidade: Eles
precísannos, e nós tamén a eles.
Despídome
prometendo volver pronto. Eu tamén continúo coa miña investigación. Volverei
para informarvos das miñas pescudas.
Seguro que
traballando en equipo conseguimos un mundo mellor.
Bo comezo!
Gozade aprendendo!
xuño 21, 2023
xuño 14, 2023
xuño 05, 2023
maio 22, 2023
maio 09, 2023
maio 03, 2023
maio 01, 2023
abril 28, 2023
abril 12, 2023
"HEICHE"
![]() |
marzo 07, 2023
febreiro 28, 2023
febreiro 23, 2023
febreiro 10, 2023
febreiro 08, 2023
O SALGUEIRO
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)







.jpg)




.gif)






