octubre 25, 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


As CAIXAS DE AULA saen hoxe da biblioteca cargadiñas de libros relacionados coa ciencia. Durante unha semana estarán nas aulas para que poidades disfrutar dos máis sorprendentes experimentos, dos avances tecnolóxicos, dos distintos ecosistemas , do universo...en fin unha gran variedade de libros.
 Cada aula fará unha selección dos tres libros máis interesantes e os presentaremos nunha exposición na biblio nas vindeiras semanas.

Os nosos compañeiros e compañeiras de Ed Infantil ademáis de ler libros xa puxeron en práctica algúns dos experimentos.Se queres botar unha ollada pincha no seguinte enlace: Ler ciencia en Ed.Infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario