octubre 20, 2013

A VOLTA Ó MUNDO EN 80 DÍAS

No mes de novembro o terceiro ciclo iremos ó teatro a Narón a ver a obra "A volta ó mundo en 80 días"
Un protagonista, Philes Fogg, o seu criado e unha aposta descabellada : dar a volta ó mundo en 80 días, son os principais ingredientes desta obra de teatro baseada na gran obra de Julio Verne.
A compañía Gorakada creará no escenario esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e con música en directo. Acompañados os actores e actrices dunhas orixinais marionetas e unha curiosa escenografía baseada en maletas para realizar as viaxes en ferrocarril, barco ou elefante.

Durante esta semana teremos na biblioteca varias sesións de lecturas compartidas desta fantástica obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario